IES O Mosteirón (Sada)

A fábrica de cerámicas de O Castro. Documentación

Tallers Documentals

No noso concello de Sada e no lugar que chaman O Castro de Samoedo, existe unha fábrica de cerámicas desde o ano 1949, aínda que  as súas orixes, por pertencer ao grupo Sargadelos, remóntese ao ano 1806.

A súa construción débese á iniciativa do artista e intelectual Isaac Díaz Pardo, e os seus deseños singulares ao encontro que Díaz Pardo tivo en Arxentina tras a guerra civil española, co pintor Luís Seoane. Alí naceu o Laboratorio de formas, un programa de memoria histórica que buscaba a recuperación da obra e da documentación do movemento renovador da arte galega a partir de Castelao, e sobre todo a recuperación de Sargadelos como a empresa industrial de máis alento e prestixio do pasado.  E conseguiuse, aínda que agora tras varias décadas de produción, a fábrica atópase nun momento crítico tras sufrir un ERE moi recentemente. Animámonos a facer este achegamento  porque nesta fábrica todos temos ou tivemos algún familiar, amigo ou veciño traballando nela polo que resulta moi cercana a todos nós.

Desexamos que esta fábrica  e os seus traballadores, poidan seguir  por moito tempo regalándonos os seus marabillosos deseños.

 

 

 

DOCUMENTACIÓN DE A FÁBRICA

Visitamos a fábrica un día nubrado pola mañá, para coñecer ben o espazo, os traballadores e os  procesos  polos que pasa unha cerámica de tan alta calidade. Chamounos a atención  o espazo amplo, diáfano e luminoso, a amabailidad das persoas que en todo momento mostráronse comunicativas connosco e o son sempre presente, de diferentes  máquinas e ferramentas. Seguimos todo o proceso, e así puidemos coñecer de primeira man como, grazas a habilidosas mans, transfórmase un pouco de masa de caolín nunha  fermosa peza para regalar á nosa vista.

Aquí deixámosvos unha mostra fotográfica do ambiente recollido para a documentación.

Un saúdo a todos 

 

 

   

IES O Mosteirón (Sada)

Presentación do Instituto de O Mosteirón

Tallers Documentals

Ola a todos!Somos un grupo de 19 alumnos da optativa de Educación Plástica e Visual  de  4º de ESO  do instituto O Mosteirón . O noso Instituto está situado no lugar do mesmo nome e pertence ao concello de Sada, dentro da ría de Betanzos en  A Coruña. En toda a nosa contorna respírase un aire mariñeiro.Estamos moi animados e con moita curiosidade, á espera de ver como se desenvolve este proxecto que  xa comezamos este mes de novembro. Estamos a participar en "Retratos de oficios", e a nosa primeira inmersión, xa moi avanzada, está a ser plasmar nunha curta documental, como se desenvolve o traballo na fábrica de cerámicas de O Castro -  fábrica emblemática na nosa zona e moi relacionada coa cultura galega-  na que todos temos un parente ou veciño traballando. Chamámonos Carlos Daniel , Angel Gómez,  Jorge, Sergio Rodriguez, Andrés, Alejandro,  Sergio Baña,  Héctor, David, Alejandro, Pietro,  Fernando, Claudia, Yael, Carla, Alba, Sara, Laura e Anxo Lapido, Sara, Alba, Sergio Baña, Carla, Héctor, Claudia, e Angel Lapido.Irémosvolo contando todo...estade atentos.              

 

IES O Mosteirón (Sada)

Presentación Instituto O Mosteirón

Tallers Documentals

Os alumnos que participamos este ano no proxecto de Cinema en curso estamos en 4º da ESO, pertencemos ao IES Mosteirón, un instituto pequeno de 176 alumnos situado no lugar de Mosteirón no concello de Sada. Estamos cerca de A Coruña, a unhos 15 kilómetros nunha zona rural preto do mar. Estamos moi contentos de formar parte deste proxecto e esperamos aprender e disfrutar moito. Queremos agradecer ao CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) o esforzo que está facendo para que Cinema en Curso atope o seu hoco en Galiza e poidamos aproveitalo cada vez mais. Aquí vos deixamos unhas fotografías nosas e do noso Centro. Un saúdo a todos e a todas.

4º DA ESO

ÁLEX, ISMAEL, JORGE, TERESA, ALBERTO, ANA, ISMAEL, NOAH, SARA, PEDRO, ADRIÁN, JANO, SARA CANLE, CRISTOBAL, MIGUEL, PIETRO, SANDRA, CANDELA, MANU, MARTÍN, TAMARA, PATRICIA, SILVIA E AITOR.