CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)

Fase de montaxe

Tallers Documentals

As sesións tiveron lugar os días 20, 21, 22 e 23 de maio, en xornadas de mañá e tarde.

 

Antes de nada, miramos as capturas de pantalla de cada plano en papel e fomos pensando na primeira estrutura de forma colectiva.

Ángel, a continuación, aprendeunos leccións básicas do programa informático que utilizariamos, o Premiere.

En grupos de 2 ou 3, comezamos o proceso.

 

Para montar a película primeiro eliximos os planos que queriamos pór e probabamos, recortabamos, seleccionabamos...

Cando acabamos de colocalos axustamos os sons e fixemos algún cambio porque aos demais non lle gustaba.

 

No último momento, fixemos a listaxe de persoas que colaboraron no proxecto (títulos de crédito) e decidimos, entre toda a aula, o título.

 

Cando acabamos de facer a montaxe miramos a peli por primeira vez na aula de música.   

 

Aquí tendes algunhas fotos do proceso.

CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)

Derradeiros días de rodaxe

Tallers Documentals

Cun pouquiño de retraso, publicamos este artigo, referido ao final da rodaxe.

Os días 14, 15 e 16 de maio os alumnos e alumnas de quinto e sexto rodamos os últimos planos: muíños de Freaza, secuencias da senda nos que gravamos pontes, ríos, fervenzas, e tamén algúns muíños.

Despois de acabar todo filmamos outro plano de José Manuel na Casa da Raíña e no Acueduto do Monte da Cidade. Aquí tedes unha pequena reportaxe fotográfica.

CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)

Nota de prensa

Tallers Documentals

FARO DE VIGO

REDONDELA

El cine entra en las aulas de Primaria

El colegio de Fornelos rueda un documental en un programa educativo pionero en Galicia

22.03.2014 | 01:52

Profesionales del cine imparten un taller en el colegio Doutor Suárez de Fornelos de Montes. // FaroProfesionales del cine imparten un taller en el colegio Doutor Suárez de Fornelos de Montes. // Faro  

El cine compite con las matemáticas, lengua o historia en las aulas del CEIP Doutor Suárez. Este colegio de Fornelos de Montes ha puesto en marcha este curso un proyecto pionero en Galicia, "Cine en curso", que introduce con fines pedagógicos la actividad audiovisual en la dinámica escolar.

El responsable del programa, Óscar Martínez Iglesias, asegura que la iniciativa ha tenido una fantástica acogida y destaca los valores que aporta a los alumnos. "Haciendo cine se aprende a mirar la realidad con atención, a trabajar en equipo, a compartir decisiones y a explicar las elecciones propias, a asumir tareas y responsabilidades, y también desarrolla la creatividad y la sensibilidad hacia el ámbito próximo", explica.

A lo largo del curso, los escolares de 5º y 6º de Primaria que participan en el programa ha tenido la oportunidad de conocer de primera mano todos los detalles que rodean al séptimo arte, con el asesoramiento de personal profesional del Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) y de la asociación catalana A Bao A Qu, que impartieron diversos talleres y jornadas técnicas en el colegio. "A través del cine trabajamos muchos contenidos de materias diversas como lengua, conocimiento del medio, música, educación visual y plástica, y muy especialmente la expresión oral y escrita, y las emociones", indica el coordinador.

Para concluir el curso los escolares grabarán un documental sobre la fraga del río Barragán, un entorno único desde el punto de vista natural puesto que está considerado como uno de los ejemplos de bosque oceánico mejor conservados de toda la provincia. Serán los propios alumnos los responsables de todo el proceso, desde la elaboración del guión, el trabajo de investigación, la búsqueda de localizaciones, la toma de decisiones, el manejo de la cámara, sonido y montaje.

El resultado final de la grabación se presentará el próximo 9 de junio en la sede del CGAI en A Coruña y, posteriormente, se proyectará en Fornelos en una fecha todavía por definir.

http://www.farodevigo.es/comarcas/2014/03/22/cine-entra-aulas-primaria/990855.html

CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)

Benito e Aurelio

Tallers Documentals

Benito, de Freaza. 83 anos. Carpinteiro de profesión. Amañou moitos muíños ao longo da súa vida. Vive nunha casa con moitos animais. Quere ir connosco a gravar ao muíño do Cubo e contarnos muitas cousas del. É gracioso, amable e bromista. 

Aurelio, de Pardalongas. 65 anos. Múltiples actividades e profesións ao longo da súa vida. Vive noutra casa á beira dun muíño de herdeiros, no que moeron muitos anos. Afamado conta-contos e cantareiro. Quere ensinarnos o muíño da Portela e o do Piñeiro. É moi falangueiro e paroleiro

 

CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)

Aprendendo con Meritxell e Ángel: semana intensa do 10 ao 13 de febreiro.

Tallers Documentals

Ola:

Imos a contarvos o que fixemos os días 10, 11, 12 e 13 de febreiro no noso colexio, coa axuda de Meritxell e Ángel.

 

Día 10:

- En primeiro lugar, falamos de como iamos gravar o documental: listamos temas, comentamos as entrevistas que fixemos, falamos das ideas que tiñamos sobre a senda, das persoas que nos podían axudar a coñecer máis sobre o tema. Tamén pensamos e concretamos posibles planos e secuencias para gravar. Isto é o que nós chamamos guionización.

- A continuación miramos fragmentos de documentais: Valparaíso, María, Arraianos... Imaxinámonos como se rodaron os planos, o emprego das voces, dos sons, o sentido poético ou informativo...  visionado.

-Por último, fixemos a presentación xeral do equipo de cámara e os pasos a seguir unha vez montada a cámara no trípode: balance de brancos, enfoque, encadre e iris. Estamos a falar do obradoiro colectivo de cámara.

Día 11:

- Dividímonos en dous grupos: mentres uns ían aprender coa cámara e a facer unhas prácticas na aula, outros seguían co proceso de guionización pensando planos e secuencias. Avanzamos no guión. Tamén concretamos os equipos de rodaxe (fixemos tres), e coñecemos e aprendemos as funcións de cada un.

- A media mañá, fixemos unha presentación xeral do equipo de son: pértega, pistola, micrófonos, cables, auriculares... Coñecemos o equipo de son.

Días 12 e 13:

Por fin... realizamos as primeiras gravación e rodaxes. Que ilusión. Alá fomos con todos os trebellos. Eramos equipos de seis: directora/a, cámara, axudante de cámara, sonidista, cablista, script e fotógrafo/a.

Estivemos en tres localizacións diferentes.

1. CLEMENTA E CHITA

No porche da casa de Clementa e Chita (en Freaza), filmamos un plano da senda coas montañas con néboa.

Entramos dentro. Eliximos o lugar segundo a luz, volvimos a montar o equipo no comedor e rodamos moitos planos:  Chita e Clementa falando entre elas, primeiros planos, planos detalle das súas mans e caras, elas pasando fotos antigas...

2. CARMEN

Na casa de Carmen (avoa de Jairo), gravámola falando de como era a vida antes, dos muíños e da senda.

3. BENITO

Benito (avó de Fátima) atendeunos na súa casa. Benito reparaba os muíños e sabe muitas cousas do seu funcionamento. Tamén fixemos varios planos no exterior da súa vivenda: paseando, dándolle de comer aos animais, falándonos da súa vida.

 

Estamos moi orgullosos do noso traballo. Os equipos de rodaxe funcionaron moi ben e cada un intentou cumprir correctamente co seu papel.

Estamos preparando xa as tres xornadas de rodaxes que nos faltan.

Aburiño!

 

CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)

Fase de investigación

Tallers Documentals

Ola amigas e amigos:

Estamos na fase de investigación de "Cine en curso".

Xa fixemos algunhas entrevistas. Realizámosllas a Don Francisco, que é o director e que  leva 40 anos no colexio.

A Pipo, que sabe moito de fauna e flora.

A Clementa, Chita e Jose. Clementa moe e gran e Chita sabe moitas cousas sobre os muíños e Jose é un expero sobre a "Senda da fraga do Barragán".

Realizamos a entrevista de Pipo e Paco no colexio, e a de Clementa, Chita e Jose na casa de Clementa (que é a tia/madriña de Chita).

Nas entrevistas aprendemos varias cousas: cantigas sobre os muíños, lendas da fraga, a orixe de moitos nomes, como era a vida fai medio século, ensináronnos fotos antigas...

No colexio descargamos as fotos e o audio nós soas.

A semana que ven temos outras catro entrevistas e seguiremos indagando sobre a "Senda do río Barragán".

 

Até moi pronto!

CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)

1º obradoiro con profesionais do Cinema. 16 de decembro de 2013.

Tallers Documentals

Ola!

O pasado 16 de decembro tivemos no noso colexio, Doutor Suárez, o primeiro obradoiro programado cun profesional do cine, Ángel.

Ademais, estivemos magnificamente acompañados por Mónica e Patricia, representantes do CGAI.

Durante case catro horas, fixemos as seguintes actividades:

  • Mural de investigación. Presentamos o mural de investigación que fixemos arredor do noso proxecto.
  • Posta en común. Comentamos todo o que nos interesa sobre a "Senda do Río Barragán" e fomos apuntando no encerado os temas máis salientables que poderiamos tratar.
  • Anotamos os veciños e as veciñas que nos poden axudar na fase de investigación. Falamos sobre como preparar as entrevistas que faremos en xaneiro. Fixemos un primeiro reparto de tarefas.
  • Visionamos algún fragmentos de documentários dos deuvedés.
  • Fomos até a Senda e practicamos coa cámara de fotos. Tamén aprendimos a mirar o que nos rodea e actuar de investigadores.

Foi unha experiencia fantástica. Tamos desexando que chegue a seguinte. Porque, non o podemos ocultar, tamén temos gañas de coller a cámara e a pértiga!

En breve, máis!

 

Un agarimoso saúdo.

 

 

Pàgines