CINE EN CURSO NO COUREL
COLEXIO DO COUREL
Moi boas! Nós somos as alumnas e alumnos do C.P.I. Poeta Uxío Novoneyra de Seoane do Courel. A través de 4 preguntas e e as súas respostas faremos a presentación do noso centro para así poder participar todas as clases.
QUENES SOMOS?
Somos 15 rapaces e rapazas dos 4 cursos da E.S.O. Temos entre 12 e 15 anos. Somos moi traballadores e intelixentes pero tamén argalleiros e divertidos!
Aínda que somos moi poucos no colexio, sacamos o entretemento ata debaixo das pedras (aquí hai moitas, sobre todo lousa!). O feito de ser poucos fai que estemos moi unidos e gústanos moito facer cousas xuntos porque así o levamos facendo ao longo da nosa escolaridade.
DE ONDE SOMOS?
Vivimos nunha zona rodeada de natureza por todos os lados. O Courel, está nunha zona de montaña da provincia de Lugo.
O Courel consta de moitas aldeas que están moi dispersas pola Serra e iso fai que o contacto cos demais sexa un pouco difícil. O colexio é o noso refuxio, o noso punto de reunión, onde podemos disfrutar da nosa compaña.
QUE PRETENDEMOS CON ESTE PROXECTO?
Principalmente, vivir unha nova experiencia, e tamén aprender algo máis do Mundo do Cine. Estamos aprendendo cousas nas que antes ao ver unha película non nos fixábamos.
Con este proxecto, ademáis de aprender podemos ter a oportunidade de amosarlle á xente como é o noso entorno, e en parte, nós tamén o imos coñecer dende outra óptica pola que antes non miraramos.
POR QUE OS SOUTOS?
Escollimos os soutos porque son parte de nós, da nosa zona. Para o Courel , os soutos teñen unha gran importancia, deles sacamos as castañas que logo usamos para vender, darlle aos animais, facer diferentes alimentos e por suposto para comer. Están boísimas!
E como non podía ser doutra forma, escollimos os soutos pola súa gran beleza natural, perfecta para fotografiar!