IES Terra de Trasancos (Narón)

RODANDO

Tallers Documentals

OLA A TODOS!

O día 12 de Abril rematamos a rodaxe na escola de luthiers do Pazo da Cultura de Narón, foi unha experiencia que non poderemos esquencer. Os alumnos da escola e o seu profesor Emilio foron moi colaboradores e encantadores. Moitísimas grazas a todos eles e por suposto a Marcos e Patricia sen os cales sería imposible a realización do noso curto.

Estas son algunhas fotos de diferentes momentos da rodaxe: rodando no exterior do Pazo da Cultura, alumnos na fabricación de instrumentos, nós rodando no interior da escola, algunhas ferramentas, na exposición de algúns instrumentos xa rematados, entrevista co profesor da escola e algúns alumnos tocando os instrumentos feitos por eles.