CEIP A Rúa (Cangas)

Retratos de mirada. Retratos do cotiá.

Tallers Documentals

Co retrato de Elisa aprendemos que non fan falla palabras, que as súas enrugas, os seus ollos, falan por si mesmos.

Retratando ás cociñeiras, probamos varios encadres e, por fin, o elixido, levounos a Depardon, ós seus Perfiles campesiños, ó fotograma do aldeán dándolle de comer ás ovellas: mesma perspectiva, mesmas liñas de fuga.

Fotograma dos retratos da taberna de Guimeráns

Gravamos textos en of co que quixeron compartir con nós. Para a edición, acordamos onde situar o son. Sentímonos moi satisfeitos do resultado.

E seguiremos retratando:

  • sobre todo, persoas maiores, que teñen moita vida e moito que contar

  • retratos de mirada, sen palabras

  • retratos cotiás, do seu día a día

  • serán protagonistas:  ocupando grande parte do plano, colocando a cámara á altura dos seus ollos, elixindo o momento do día, o lugar que identifiquemos con esa persoa

 

Comentaris

Prexiosas imaxes!! realmente increibles... sen palabras du persoas maiores, que tenen moita vida. cocineiras magnificas