Cine en curso Galicia

Proxección das catro películas de Cine en Curso Galicia 2014-2015 no CGAI

O día 12 de xuño os participantes dos obradorios anuais de documental presentaron no CGAI os catro filmes realizados neste curso. Despóis de cada proxección, o grupo presentou o proceso de creación e iniciouse un diálogo con outro grupo que previamente viu e analizou a súa curtametraxe.

Proxectáronse Deixando atrás, CEIP A Rúa (Cangas); Flúe o Miño entre socalcos, IES Val do Asma (Chantada); Mudando lares, CEIP Curros Enríquez (Pazos de Borbén) eO camiño do tempo, IES Plurilingüe Fontem Albei (A Fonsagrada).