IES O Mosteirón (Sada)

Presentación do Instituto de O Mosteirón

Tallers Documentals

Ola a todos!Somos un grupo de 19 alumnos da optativa de Educación Plástica e Visual  de  4º de ESO  do instituto O Mosteirón . O noso Instituto está situado no lugar do mesmo nome e pertence ao concello de Sada, dentro da ría de Betanzos en  A Coruña. En toda a nosa contorna respírase un aire mariñeiro.Estamos moi animados e con moita curiosidade, á espera de ver como se desenvolve este proxecto que  xa comezamos este mes de novembro. Estamos a participar en "Retratos de oficios", e a nosa primeira inmersión, xa moi avanzada, está a ser plasmar nunha curta documental, como se desenvolve o traballo na fábrica de cerámicas de O Castro -  fábrica emblemática na nosa zona e moi relacionada coa cultura galega-  na que todos temos un parente ou veciño traballando. Chamámonos Carlos Daniel , Angel Gómez,  Jorge, Sergio Rodriguez, Andrés, Alejandro,  Sergio Baña,  Héctor, David, Alejandro, Pietro,  Fernando, Claudia, Yael, Carla, Alba, Sara, Laura e Anxo Lapido, Sara, Alba, Sergio Baña, Carla, Héctor, Claudia, e Angel Lapido.Irémosvolo contando todo...estade atentos.              

 

Comentaris

Fantásticas y inspiradoras panorámicas!!!
Una gran presentación del instituto!! Como no podía ser de otra forma!

un abrazo!
meri

Ola!

Desde o CEIP Doutor Suárez, de Fornelos de Montes, encantounos muito a vosa presentación a modo de panorámicas.

Tanto, tanto, que fixemos outra nós nos arredores do noso centro.

Convidámosvos a que as miredes.

Un saúdo.