IES Val do Asma (Chantada)

Presentación de "Flúe o Miño entre socalcos" no Cgai

Bo día, somos do instituto Val do Asma, e vimos da Ribeira Sacra, que se atopa no centro de Galicia e está nas provincias de Lugo e Ourense, e pola que discurre os ríos Sil e Miño. Os concellos de Chantada e Carballedo, do que somos nós son do Sur de Lugo, e flúe o Miño.

A nosa peli é unha homenaxe ás nosas ribeiras e ao noso río, ao traballo da xente vinculada ao río e por suposto á paisaxe.

Dada a época do ano en que tivemos que facer a gravación, decidimos contalo a través dos retratados, que representan a dous adegueiros que seguen a tradición familiar dos seus antepasados.

Como xa sabedes, fixemos moitos visionados, e nosa inspiración foron entre outros os travellings de Depardon, os retratos de persoas de Innisfree ( Guerín) e de Ville Louvre ( Nicolás Filibert) o documental Vídrio do Haanstra.

Tiñamos varias opcións para contar a Ribeira Sacra, os oficios (cesteiro , barqueiro…), a paisaxe, os monumentos románicos, pero pareceunos que o máis representativo desta zona é o viño. E a partir de ahí, quixemos poner en valor o tipo de viticultura que se fai nesta zona (viticultura heróica).

Falamos con moita xente, e o final decantámonos por esta familia, xa que empatizamos, e nos facilitaron moito o traballo, cunha actitude moi desinteresada e apostando polo noso proxecto.

Entendemos que na nosa peli hai dous tipos retratos, un de paisaxe e outro de persoas. O de paisaxe decidimos mostrala  en planos xerais. Por outra banda os retratos están rodados en planos máis pechados, para mostrar cercanía cos retratados, sen perder de vista o entorno que os rodea.

A gravación foi a parte que máis nos gustou á maoría, porque é a máis dinámica, saímos da clase. Aínda que tamén ver a peli rematada foi moi emocionante.

Escollemos as horas centrais do día, pola luz, e polos reflexos que facía a paisaxe na auga, pola natureza, e porque se vía mellor como estaban as viñas nese momento.

Fixemos unha montaxe, que nos resultou moi complicada, porque descartar planos que gravamos con moita ilusión non é agradable, e outros houbo que quitar algún por problemas técnicos e despistes (a pértiga que saíu nun plano, o travelling que non demos feito no coche, que se nos movía a cámara). Foi importante á hora de montar crear unha estructura un máis ben simétrica, pero con certo dinamismo, xa que non se colocaron as mesmas accións na mesmo orde. Quixemos transmitir coa nosa montaxe: forza, o paso do tempo e o cotián.

Coidamos que os sonidos e a música son especialmente significativos, o son da natureza (río, paxaros), o son das máquinas (tractor, embotelladora) e a música que compuxeron os nosos compañeiros e os que acompañou o profe de música do centro. Co son tentamos mostrar a contraposición entre o traballo manual, máis lento, pausado, tranquilo, acompasado (home sachando) e o mundo máis moderno e ruidoso das máquinas.

Foi para nós unha experiencia nova, onde vimos como é o cine por dentro, que non é tan sinxelo como parece cando eres sólo espectador. Chamounos a atención o tempo que leva e todas as persoas que son necesarias para poder  facer unha película. Permitiunos traballar con material especializado e aprendemos novo vocabulario. Destacamos o grao de organización necesario para levar a cabo a rodaxe. Queremos descatar tamén o apoio e tranquilidade que nos transmitiu en todo momento Jaione, a cineasta coa que traballamos, que sempre estaba a nosa disposición e dándonos ánimo en todo momento.

Aprendemos moitas cosas novas, a colaborar e a respetar as opinións e dicisións dos compañeiros, a compartir ideas, a ter paciencia e ir pouco a pouco, a respetar o material, a que costa moito traballo facer unha peza aínda que sexa pequena. A coñecer e dirixirse a outras persoas, e a estar calado nas rodaxes.