CPI Curros Enríquez (Pazos de Borbén)

Inspirámonos en Mercedes Álvarez

Tallers Documentals

Esta semana estivemos traballando de novo un fragmento de Mercedes Álvarez. Antes do nadal estivemos buscando cadros de Pello Azketa, sobre os que se inspiraba Mercedes nas súas gravacións. Nesta ocasión fixemos o proceso inverso: eliximos un fotograma da súa gravación e o empregamos como inspiración para facer os nosos propios cadros. Estos son algúns dos debuxos feitos por Leticia, María e Óscar…

Así queda o noso muro de cine cos novos debuxos, á espera dalgúns novos que se fagan durante esta semana.

Comentaris

A vosa actividade é unha excelente combinación entre a pintura e o cine. Quedamos moi abraiados ó ver os vosos debuxos, están moi ben!! O noso compañeiro Dani fixo un plano do mundo duns globos lilas sobre a herba. En plástica, debuxámolo e pintámolo con témpera. Foi complicado distribuír o espazo e conseguir as cores. Seguide con esa enerxía creativa!!

Grazas,
Cada día intentámolo facer o mellor posible. Os vosos comentarios nos dan ánimos para facer máis planos.
A nós tamén nos gustan os vosos traballos, entre eles o do paxariño; esperamos que vos sigan gustando os nosos proxectos.
Un saúdo do CPI Curros Enríquez