CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)

Aprendendo con Meritxell e Ángel: semana intensa do 10 ao 13 de febreiro.

Tallers Documentals

Ola:

Imos a contarvos o que fixemos os días 10, 11, 12 e 13 de febreiro no noso colexio, coa axuda de Meritxell e Ángel.

 

Día 10:

- En primeiro lugar, falamos de como iamos gravar o documental: listamos temas, comentamos as entrevistas que fixemos, falamos das ideas que tiñamos sobre a senda, das persoas que nos podían axudar a coñecer máis sobre o tema. Tamén pensamos e concretamos posibles planos e secuencias para gravar. Isto é o que nós chamamos guionización.

- A continuación miramos fragmentos de documentais: Valparaíso, María, Arraianos... Imaxinámonos como se rodaron os planos, o emprego das voces, dos sons, o sentido poético ou informativo...  visionado.

-Por último, fixemos a presentación xeral do equipo de cámara e os pasos a seguir unha vez montada a cámara no trípode: balance de brancos, enfoque, encadre e iris. Estamos a falar do obradoiro colectivo de cámara.

Día 11:

- Dividímonos en dous grupos: mentres uns ían aprender coa cámara e a facer unhas prácticas na aula, outros seguían co proceso de guionización pensando planos e secuencias. Avanzamos no guión. Tamén concretamos os equipos de rodaxe (fixemos tres), e coñecemos e aprendemos as funcións de cada un.

- A media mañá, fixemos unha presentación xeral do equipo de son: pértega, pistola, micrófonos, cables, auriculares... Coñecemos o equipo de son.

Días 12 e 13:

Por fin... realizamos as primeiras gravación e rodaxes. Que ilusión. Alá fomos con todos os trebellos. Eramos equipos de seis: directora/a, cámara, axudante de cámara, sonidista, cablista, script e fotógrafo/a.

Estivemos en tres localizacións diferentes.

1. CLEMENTA E CHITA

No porche da casa de Clementa e Chita (en Freaza), filmamos un plano da senda coas montañas con néboa.

Entramos dentro. Eliximos o lugar segundo a luz, volvimos a montar o equipo no comedor e rodamos moitos planos:  Chita e Clementa falando entre elas, primeiros planos, planos detalle das súas mans e caras, elas pasando fotos antigas...

2. CARMEN

Na casa de Carmen (avoa de Jairo), gravámola falando de como era a vida antes, dos muíños e da senda.

3. BENITO

Benito (avó de Fátima) atendeunos na súa casa. Benito reparaba os muíños e sabe muitas cousas do seu funcionamento. Tamén fixemos varios planos no exterior da súa vivenda: paseando, dándolle de comer aos animais, falándonos da súa vida.

 

Estamos moi orgullosos do noso traballo. Os equipos de rodaxe funcionaron moi ben e cada un intentou cumprir correctamente co seu papel.

Estamos preparando xa as tres xornadas de rodaxes que nos faltan.

Aburiño!

 

Comentaris

Fueron unos días tan intensos como bonitos!! Fue una experiencia muy rica poder trabajar con vosotros en parte de vuestro proceso de creación!! Seguro que el filme será magnífico!! Con tantas ideas que tenéis!! Qué ganas de ver los retratos fotográficos de los abuelos y vecinos que estáis preparando!!

O pracer foi noso!
Contigo e con Ángel todo é lindo é fermoso.
Una abraçada!

Bos días desde o CGAI.
Grazas por este fantástico traballo que estades a facer. Con moitas ganas de volver á senda e poder ver in situ todas estas ideas que fostes materializando.
Parabéns!