CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)

Benito e Aurelio

Tallers Documentals

Benito, de Freaza. 83 anos. Carpinteiro de profesión. Amañou moitos muíños ao longo da súa vida. Vive nunha casa con moitos animais. Quere ir connosco a gravar ao muíño do Cubo e contarnos muitas cousas del. É gracioso, amable e bromista. 

Aurelio, de Pardalongas. 65 anos. Múltiples actividades e profesións ao longo da súa vida. Vive noutra casa á beira dun muíño de herdeiros, no que moeron muitos anos. Afamado conta-contos e cantareiro. Quere ensinarnos o muíño da Portela e o do Piñeiro. É moi falangueiro e paroleiro

 

IES Terra de Trasancos (Narón)

2ª VISITA Ó NOSO CENTRO

Tallers Documentals

O martes 17 de febreiro visitáronnos de novo Marcos e Patricia, do Proxecto Cine en Curso, para axudarnos coa realización do noso proxecto. Estivemos tres horas con eles.

Na primeira hora explicáronnos o básico para utilizar a cámara e fixemos prácticas con ela. Dito proceso resultóunos moi sinxelo pero aínda así invertimos moito tempo niso.

Despóis déronnos unas pautas para preparar o guión do noso curto e por último analizamos fragmentos de documentais con eles.

Como na sesión anterior estiveron moi simpáticos, dinámicos e agardamos con ilusión a súa próxima visita.

CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)

Aprendendo con Meritxell e Ángel: semana intensa do 10 ao 13 de febreiro.

Tallers Documentals

Ola:

Imos a contarvos o que fixemos os días 10, 11, 12 e 13 de febreiro no noso colexio, coa axuda de Meritxell e Ángel.

 

Día 10:

- En primeiro lugar, falamos de como iamos gravar o documental: listamos temas, comentamos as entrevistas que fixemos, falamos das ideas que tiñamos sobre a senda, das persoas que nos podían axudar a coñecer máis sobre o tema. Tamén pensamos e concretamos posibles planos e secuencias para gravar. Isto é o que nós chamamos guionización.

- A continuación miramos fragmentos de documentais: Valparaíso, María, Arraianos... Imaxinámonos como se rodaron os planos, o emprego das voces, dos sons, o sentido poético ou informativo...  visionado.

-Por último, fixemos a presentación xeral do equipo de cámara e os pasos a seguir unha vez montada a cámara no trípode: balance de brancos, enfoque, encadre e iris. Estamos a falar do obradoiro colectivo de cámara.

Día 11:

- Dividímonos en dous grupos: mentres uns ían aprender coa cámara e a facer unhas prácticas na aula, outros seguían co proceso de guionización pensando planos e secuencias. Avanzamos no guión. Tamén concretamos os equipos de rodaxe (fixemos tres), e coñecemos e aprendemos as funcións de cada un.

- A media mañá, fixemos unha presentación xeral do equipo de son: pértega, pistola, micrófonos, cables, auriculares... Coñecemos o equipo de son.

Días 12 e 13:

Por fin... realizamos as primeiras gravación e rodaxes. Que ilusión. Alá fomos con todos os trebellos. Eramos equipos de seis: directora/a, cámara, axudante de cámara, sonidista, cablista, script e fotógrafo/a.

Estivemos en tres localizacións diferentes.

1. CLEMENTA E CHITA

No porche da casa de Clementa e Chita (en Freaza), filmamos un plano da senda coas montañas con néboa.

Entramos dentro. Eliximos o lugar segundo a luz, volvimos a montar o equipo no comedor e rodamos moitos planos:  Chita e Clementa falando entre elas, primeiros planos, planos detalle das súas mans e caras, elas pasando fotos antigas...

2. CARMEN

Na casa de Carmen (avoa de Jairo), gravámola falando de como era a vida antes, dos muíños e da senda.

3. BENITO

Benito (avó de Fátima) atendeunos na súa casa. Benito reparaba os muíños e sabe muitas cousas do seu funcionamento. Tamén fixemos varios planos no exterior da súa vivenda: paseando, dándolle de comer aos animais, falándonos da súa vida.

 

Estamos moi orgullosos do noso traballo. Os equipos de rodaxe funcionaron moi ben e cada un intentou cumprir correctamente co seu papel.

Estamos preparando xa as tres xornadas de rodaxes que nos faltan.

Aburiño!

 

IES Terra de Trasancos (Narón)

VISITA Ó NOSO INSTITUTO

Tallers Documentals

O día 5 de Febreiro tivemos unha visita moi agradable no  Instituto.Estiveron con nós Marcos e Patricia. Eles explicáronnos os procedimentos para crear un bo documental, ademáis de axudarnos a organizar toda a información que xa tiñamos recollida.Déronnos moitos consellos, tamén marcamos as datas para levar a cabo a grabación do noso proxecto. Son moi amables e atentos e gustounos moito que viñeran porque estamos convencidos que grazas á súa experiencia e axuda seremos capaces de facer un bo traballo.

Aquí podedes ver algunhas fotos da visita de Marcos e Patricia ao noso centro:

                                                                            

IES Val do Asma (Chantada)

RETRATOS DA RIBEIRA SACRA DESDE CHANTADA

Ola moi boas a todos!!!!

Aquí estamos os alumnos do IES Val do Asma de Chantada, no sur de Lugo.

Este proxecto formámolo 31 rapaces e rapazas de 3º,4º da ESO e 1º BAC.

A comarca de Chantada está formada polos concellos de Carballedo, Chantada e Taboada. Os tres pertencen á Ribeira Sacra.

Estamos a traballar no retrato desta zona tan característica do interior de Galicia, a través dos oficios e a paisaxe.

 

Pàgines