CEIP A Rúa (Cangas)

O CEIP A Rúa preséntase!!

Tallers Documentals

Ola a todos e todas.

Somos os nenos e nenas de 5º de Primaria do colexio A Rúa de Cangas de Morrazo. Vivimos nunha vila a carón do mar, moi tranquila e bastante poboada. Tamén hai parques nos que xogamos e praias espectaculares. E non podemos esquecernos do marabilloso Parque Natural das Illas Atlánticas, coa praia máis fermosa do mundo, chamada “Rodas”.

 

Estamos moi ilusionados e emocionados por facer o traballo de Cine en curso. Desde que nos deron a noticia, estamos moi nerviosos e ansiosos por empezar o documental. Sabemos que este proxecto vainos dar moito traballo pero intentaremos facelo tan ben como os nenos do curso pasado.

A maioría de nós xa filmou os seus primeiros planos do mundo. Fixemos un diario dos espazos que están preto do colexio, acompañados do cineasta Ángel Santos Touza e as nosas profesoras. Esperamos ver axiña planos de todos vós.

Filmando o que vemos desde unha ventá do colexio

Filmando acompañados por Ángel Santos

Filmando acompañados por Ángel Santos

Imos facer o noso documental sobre a migración. Conversaremos con persoas que tiveron que emigrar por problemas económicos ou outras razóns. Tamén falaremos con persoas que viñeron doutros lugares a vivir a Cangas. Esperamos facer o noso documental o mellor posible para que vos guste.

 

Un cineasaúdo do CEIP A Rúa para todos os coles!!

(Texto colectivo elaborado por consenso por todo o grupo-clase)

CEIP A Rúa (Cangas)

Chuvia de palabras…

Tallers Documentals

Escoitando a Nuria e Laia

Escoitando a Nuria e Laia.

Facemos unha chuvia de ideas. Escollemos palabras que indiquen o que aprendemos no CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) na xornada de formación do alumnado, o 7 de novembro de 2014.

  • Travelling. A cámara que viaxa, como en D' Est. (Teo)

  • Conversas. Hai que esperar a que falen, escoitar atentamente, como en Daguerrotipes. (Fabián)

  • Planos. Cambia a escena cos planos. Contamos planos de Glas, Ruinas.

  • Son. A música, como en Ruinas (tren) ou son ambiente (ovellas), nun momento de La vida moderna, de Depardon.

  • Estilo de vida. Formas de vivir, como en Daguerrotipes, La colchonera, La vida moderna. (Dani)

  • Vidro. En Glas, eu pensei que só ían facer figuras e fixeron tamén botellas. O documental dá información. (Lúa)

  • Esforzo. O documental tamén nos fala de emocións. La colchonera. Plano detalle das mans. (David) É o director/a o/a que decide que e como transmitir esas emocións. En Glas hai moitas emocións: risa, asombro, alegría, diversión, sorpresa… é orixinal.

  • Diario. Podes contar o que che pasa a ti, como en Diary. (Sheyla)

  • Fundir a negro. Cambiar a outra cousa distinta. (Roque)

  • Espazo. Pequeno, íntimo: Daguerrotipes. Grande: La vida moderna, París, Ruinas.

  • Como gravar. Hai distintas formas, segundo onde estea a cámara, como en Daguerrotipes: fóra e dentro da tenda.

  • Noite e día. Cambia a luz. Hora bruxa, “entre lusco e fusco”, a posta de sol, dourados, rosados. “Cabo Home”, na nosa vila, é un lugar para filmar o solpor.

(As palabras xurdiron na posta en común de todo o grupo-clase)

Visionando “La vie moderne”, de Depardon

Visionando "La vie moderne", de Depardon.

IES Val do Asma (Chantada)

Explorando as ferramentas de traballo.

Dia 1 de decembro. Empezamos o noso obradoiro con Jaione Camborda. Moitos nervios, estivemos todo día e non nos chegou a nada. Canto nos queda por facer!!!!

 

Preparándonos para a práctica!!!.

 

Aprendendo a montar o trípode

 

Preparados, listos, xa : Gravando ó zapateiro.

IES Val do Asma (Chantada)

PRESENTACION

Ola! Moi Boas! 

Somos as alumnas e alumnos de 3º de ESO do IES VAL DO ASMA de Chantada, ao sur da provincia de Lugo.

Formamos parte dunha zoa xeográfica denominada RIBEIRA SACRA.

Con este proxecto ímosvos amosar o noso entorno, as nosas xentes, as súas costumes etc.

Mirarémolo dunha forma distinta grazas a "Cine en Curso".

Intentamos facelo o mellor posible. Esperamos que vos guste!!!

 

Pàgines