CEIP A Rúa (Cangas)

O CEIP A Rúa preséntase!!

Tallers Documentals

Ola a todos e todas.

Somos os nenos e nenas de 5º de Primaria do colexio A Rúa de Cangas de Morrazo. Vivimos nunha vila a carón do mar, moi tranquila e bastante poboada. Tamén hai parques nos que xogamos e praias espectaculares. E non podemos esquecernos do marabilloso Parque Natural das Illas Atlánticas, coa praia máis fermosa do mundo, chamada “Rodas”.

 

Estamos moi ilusionados e emocionados por facer o traballo de Cine en curso. Desde que nos deron a noticia, estamos moi nerviosos e ansiosos por empezar o documental. Sabemos que este proxecto vainos dar moito traballo pero intentaremos facelo tan ben como os nenos do curso pasado.

A maioría de nós xa filmou os seus primeiros planos do mundo. Fixemos un diario dos espazos que están preto do colexio, acompañados do cineasta Ángel Santos Touza e as nosas profesoras. Esperamos ver axiña planos de todos vós.

Filmando o que vemos desde unha ventá do colexio

Filmando acompañados por Ángel Santos

Filmando acompañados por Ángel Santos

Imos facer o noso documental sobre a migración. Conversaremos con persoas que tiveron que emigrar por problemas económicos ou outras razóns. Tamén falaremos con persoas que viñeron doutros lugares a vivir a Cangas. Esperamos facer o noso documental o mellor posible para que vos guste.

 

Un cineasaúdo do CEIP A Rúa para todos os coles!!

(Texto colectivo elaborado por consenso por todo o grupo-clase)

IES Val do Asma (Chantada)

Explorando as ferramentas de traballo.

Dia 1 de decembro. Empezamos o noso obradoiro con Jaione Camborda. Moitos nervios, estivemos todo día e non nos chegou a nada. Canto nos queda por facer!!!!

 

Preparándonos para a práctica!!!.

 

Aprendendo a montar o trípode

 

Preparados, listos, xa : Gravando ó zapateiro.

IES Val do Asma (Chantada)

PRESENTACION

Ola! Moi Boas! 

Somos as alumnas e alumnos de 3º de ESO do IES VAL DO ASMA de Chantada, ao sur da provincia de Lugo.

Formamos parte dunha zoa xeográfica denominada RIBEIRA SACRA.

Con este proxecto ímosvos amosar o noso entorno, as nosas xentes, as súas costumes etc.

Mirarémolo dunha forma distinta grazas a "Cine en Curso".

Intentamos facelo o mellor posible. Esperamos que vos guste!!!

 

CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)

Fase de montaxe

Tallers Documentals

As sesións tiveron lugar os días 20, 21, 22 e 23 de maio, en xornadas de mañá e tarde.

 

Antes de nada, miramos as capturas de pantalla de cada plano en papel e fomos pensando na primeira estrutura de forma colectiva.

Ángel, a continuación, aprendeunos leccións básicas do programa informático que utilizariamos, o Premiere.

En grupos de 2 ou 3, comezamos o proceso.

 

Para montar a película primeiro eliximos os planos que queriamos pór e probabamos, recortabamos, seleccionabamos...

Cando acabamos de colocalos axustamos os sons e fixemos algún cambio porque aos demais non lle gustaba.

 

No último momento, fixemos a listaxe de persoas que colaboraron no proxecto (títulos de crédito) e decidimos, entre toda a aula, o título.

 

Cando acabamos de facer a montaxe miramos a peli por primeira vez na aula de música.   

 

Aquí tendes algunhas fotos do proceso.

Pàgines