IES Plurilingüe Fontem Albei (Fonsagrada)

Planos do mundo.

Tallers Documentals

DIARIO DE ESPAZOS. Adrián. Chuvia

Chove. Estamos en Quintá. Día 16 de novembro de  2014, son as cinco e cuarto da tarde. Estaba dando pienso ao gando co meu tío e gustoume o que vía.

DIARIO DE ESPAZOS. Eduardo

Domingo 14 de diciembre de 2014, son las cuatro de la tarde en Negueira de Muñiz. Desde mi habitación se ve el embalse de Salime.

DIARIO DE ESPAZOS. Vanja

Atardecer en Vilarfruxilde. Once del doce del 2014, son las seis y media. Este es un lugar por donde paso todos los días. Me paré a grabar por el color del cielo.

 

CPI Curros Enríquez (Pazos de Borbén)

Presentación

Tallers Documentals

Ola, moi boas! 

Somos os alumnos de 6ºB do C.P.I. Curros Enríquez en Pazos de Borbén (Pontevedra). Somos  dez nenos e cinco nenas de entre dez e doce anos. 

Presentámonos a “Cine en curso” para aprender, traballar xuntos e vivir cousas novas. Estamos moi contentos de que nos elixiran para participar neste proxecto.

Gústanos o cine e ver películas e agora temos a oportunidade de poder facelas.

 

Presentacion

 

CEIP A Rúa (Cangas)

Traballamos da man de Ángel Santos Touza

Tallers Documentals

O mércores 26 de novembro tivemos a primeira sesión de cine acompañados polo noso cineasta, Ángel Santos Touza. Foi xenial. Queremos compartir convosco as experiencias desta interesante xornada.

Primeiro visionamos algúns dos nosos travellings e diarios de espazos e tamén fragmentos de autor/a. Neste exemplo que vos amosamos de seguido, establecimos similitudes entre Diary de Perlov e o diario dos espazos de Sheyla, dende a ventá da súa habitación.

Visionamos Diary, de Perlov

Fixámonos en como grava e que di.

Grava o que se ve dende a súa ventá. Podes gravar nun mesmo sitio a distintas horas. Os créditos son sinxelos. Debemos evitar engadir música nos créditos, con escribir ou unha voz en off é suficiente.

Diario de espazos, de Sheyla

Sheyla poido tomar a decisión, como Perlov, de gravar dende a súa ventá pero máis atrás, véndose o marco da ventá. Tomou a decisión de que non se vise o marco.

“Era un plano máis longo pero corteino, quería que aparecese o movemento, os coches que pasaban”. (Sheyla)

Sería interesante que Sheyla  gravase un texto como o de Perlov que acompañe ó seu diario.

Fotograma do diario dos espazos de Sheyla

Ángel deunos uns CONSELLOS PARA RODAR que nos están sendo moi útiles:

  • Gravar con intención: que queremos gravar, onde, a que hora, como… Nos travellings pensar previamente onde empezar e onde terminar.
  • Sempre é mellor rexistrar o son do lugar que engadir música despois na montaxe. Así os sons poden falarnos dese espazo ou outros espazos cercanos.
  • Se gravamos moito, logo facer unha selección da parte que nos interese.
  • É interesante levar sempre a cámara con nós por se atopamos algo que nos chame a atención. Se non a levamos, podemos quedarnos coa idea do plano e volver outro día para grabalo.
  • Podemos gravar os créditos con voz en off indicando lugar, hora, inspiración, sensacións…

Despois chegou o momento máis divertido, rodar o diario de espazos do colexio. Organizámonos por grupos porque somos 25 alumnos/as en 5º.

Rodamos dende o noso colexio ou en espazos que están próximos ó mesmo: a carballeira de Franco, na pasarela da Cruz pola que moitos alumnos/as chegan ó colexio e na praia de Rodeira.

     

Mentres uns rodabamos acompañados de Ángel ou das profes Rosana, May e Ana, o resto do grupo fixo actividades paralelas na aula: comentar os travellings de Pol e Bruno da Escola de Bordils (fixemos un comentario no blog), ver e comentar os diarios de espazos que os nosos compañeiros/as ían facendo, gravar o audio dos créditos.

Fotograma de Os eucaliptos

Grupo de rodaxe: Sarai-Elia-Xoel-Mar-David

Elia gravou, Mar fixo o making of, Sarai foi a apuntadora, David aguantou o caderno e Xoel contou os segundos.

O video realizouse ás 11:58. Escóitanse os paxaros, os nenos, os coches…

Escollimos o plano porque era un lugar preto do cole. Os eucaliptos eran moi bonitos e o contraste da luz tamén. Fixemos un círculo e os eucaliptos quedaron ó redor. Gustounos moito facelo.

Comentarios da clase:

  • Parécenos moi bonito.
  • Parece que o sol entra só por un lado.
  • Parece un redondel de árbores.   
  • Os ruidos tamén son bonitos.

Agora estamos moi ilusionados con ter tempo no Nadal para  seguir filmando e imos atrevernos cos retratos. A ver que  tal nos vai.  En canto teñamos editadas algunhas das nosas filmacións, compartirémolas con vós.

Bo Nadal a todos e todas dende Galicia!

IES Plurilingüe Fontem Albei (Fonsagrada)

Planos do mundo. Primeiras exploracións

Tallers Documentals

DIARIO DE ESPAZOS: NÉBOA

Luns 24 de novembro de 2014. Son as once e media da mañá. Non levanta a néboa en Fonsagrada.

 

DIARIO DE ESPAZOS: ANA. DENDE A TERRAZA DA MIÑA CASA

26 de novembro de 2014. Cinco e media da tarde. Dende a terraza da miña casa vexo o sol esconderse tras as montañas.

 

TRAVELLINGS: MARÍA E ANDREA. O CERREDO

Sábado oito de novembro. As dúas da tarde. Cerredo, A Fonsagrada.

 

TRAVELLINGS: JONATHAN. VEIGA DE LOGARES

Venres 13 de novembro de 2014. Son as cinco da tarde na Veiga de Logares.

CEIP A Rúa (Cangas)

Rodando os nosos primeiros planos!!!

Tallers Documentals

Este mes de novembro comezamos a rodar os nosos primeiros planos. Primeiro experimentamos cos travellings e despois cos diarios de espazos. Aquí vos deixamos os comentarios dun momento da posta en común. Visionamos os planos de Roque e Lúa fixándonos en como estaba colocada a cámara cando rodaron.

Comparamos o travelling de Adrián, de Lúa e Roque

No travelling de Roque a cámara mira máis cara ó fronte. Como o coche vai máis a modo que o de Adrián, recoñécese máis facilmente o lugar (Frandoal, Liméns). Pactou co seu pai para ir máis a modo. Parece que falta luz. É a contraluz.

Fotograma do travelling de Roque

Fotograma do travelling de Roque.

No travelling de Lúa a cámara mira ó fronte pero está situada máis abaixo. A gravación é máis rápida, vai pola AP9, condúcese a máis velocidade. Recoñécese o lugar pola imaxe da Ría de Vigo e o nó da autoestrada. A ventá do coche está pechada por: o son (escóitase o ruído interior, non exterior), vese o cristal e a sombra de Lúa.

Fotograma do travelling de Lúa

Fotograma do travelling de Lúa.

CEIP A Rúa (Cangas)

O son de Guerin

Tallers Documentals

“Agora pechade os ollos e escoitade atentamente o son deste fragmento de Guest, de Guerin”, así nos dixo Ángel Santos, o noso cineasta,  e foi cando xurdiu un momento máxico.

A cámara nos permitiu capturalo e que permanecese para sempre.

Vimos o documental cos oídos, Sheyla contou ata 10 planosO cambio de intensidade do son, asustou a Iker. Case esperta do seu “profundo soño”.

Vimos o documental cos oísdos, Sheyla contou ata 10 planos.

O cambio de intensidade do son, asustou a Iker. Case esperta do seu “profundo soño”.

CEIP A Rúa (Cangas)

Chuvia de palabras…

Tallers Documentals

Escoitando a Nuria e Laia

Escoitando a Nuria e Laia.

Facemos unha chuvia de ideas. Escollemos palabras que indiquen o que aprendemos no CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) na xornada de formación do alumnado, o 7 de novembro de 2014.

  • Travelling. A cámara que viaxa, como en D' Est. (Teo)

  • Conversas. Hai que esperar a que falen, escoitar atentamente, como en Daguerrotipes. (Fabián)

  • Planos. Cambia a escena cos planos. Contamos planos de Glas, Ruinas.

  • Son. A música, como en Ruinas (tren) ou son ambiente (ovellas), nun momento de La vida moderna, de Depardon.

  • Estilo de vida. Formas de vivir, como en Daguerrotipes, La colchonera, La vida moderna. (Dani)

  • Vidro. En Glas, eu pensei que só ían facer figuras e fixeron tamén botellas. O documental dá información. (Lúa)

  • Esforzo. O documental tamén nos fala de emocións. La colchonera. Plano detalle das mans. (David) É o director/a o/a que decide que e como transmitir esas emocións. En Glas hai moitas emocións: risa, asombro, alegría, diversión, sorpresa… é orixinal.

  • Diario. Podes contar o que che pasa a ti, como en Diary. (Sheyla)

  • Fundir a negro. Cambiar a outra cousa distinta. (Roque)

  • Espazo. Pequeno, íntimo: Daguerrotipes. Grande: La vida moderna, París, Ruinas.

  • Como gravar. Hai distintas formas, segundo onde estea a cámara, como en Daguerrotipes: fóra e dentro da tenda.

  • Noite e día. Cambia a luz. Hora bruxa, “entre lusco e fusco”, a posta de sol, dourados, rosados. “Cabo Home”, na nosa vila, é un lugar para filmar o solpor.

(As palabras xurdiron na posta en común de todo o grupo-clase)

Visionando “La vie moderne”, de Depardon

Visionando "La vie moderne", de Depardon.

Pàgines