IES Terra de Trasancos (Narón)

2ª VISITA Ó NOSO CENTRO

Tallers Documentals

O martes 17 de febreiro visitáronnos de novo Marcos e Patricia, do Proxecto Cine en Curso, para axudarnos coa realización do noso proxecto. Estivemos tres horas con eles.

Na primeira hora explicáronnos o básico para utilizar a cámara e fixemos prácticas con ela. Dito proceso resultóunos moi sinxelo pero aínda así invertimos moito tempo niso.

Despóis déronnos unas pautas para preparar o guión do noso curto e por último analizamos fragmentos de documentais con eles.

Como na sesión anterior estiveron moi simpáticos, dinámicos e agardamos con ilusión a súa próxima visita.

CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)

Aprendendo con Meritxell e Ángel: semana intensa do 10 ao 13 de febreiro.

Tallers Documentals

Ola:

Imos a contarvos o que fixemos os días 10, 11, 12 e 13 de febreiro no noso colexio, coa axuda de Meritxell e Ángel.

 

Día 10:

- En primeiro lugar, falamos de como iamos gravar o documental: listamos temas, comentamos as entrevistas que fixemos, falamos das ideas que tiñamos sobre a senda, das persoas que nos podían axudar a coñecer máis sobre o tema. Tamén pensamos e concretamos posibles planos e secuencias para gravar. Isto é o que nós chamamos guionización.

- A continuación miramos fragmentos de documentais: Valparaíso, María, Arraianos... Imaxinámonos como se rodaron os planos, o emprego das voces, dos sons, o sentido poético ou informativo...  visionado.

-Por último, fixemos a presentación xeral do equipo de cámara e os pasos a seguir unha vez montada a cámara no trípode: balance de brancos, enfoque, encadre e iris. Estamos a falar do obradoiro colectivo de cámara.

Día 11:

- Dividímonos en dous grupos: mentres uns ían aprender coa cámara e a facer unhas prácticas na aula, outros seguían co proceso de guionización pensando planos e secuencias. Avanzamos no guión. Tamén concretamos os equipos de rodaxe (fixemos tres), e coñecemos e aprendemos as funcións de cada un.

- A media mañá, fixemos unha presentación xeral do equipo de son: pértega, pistola, micrófonos, cables, auriculares... Coñecemos o equipo de son.

Días 12 e 13:

Por fin... realizamos as primeiras gravación e rodaxes. Que ilusión. Alá fomos con todos os trebellos. Eramos equipos de seis: directora/a, cámara, axudante de cámara, sonidista, cablista, script e fotógrafo/a.

Estivemos en tres localizacións diferentes.

1. CLEMENTA E CHITA

No porche da casa de Clementa e Chita (en Freaza), filmamos un plano da senda coas montañas con néboa.

Entramos dentro. Eliximos o lugar segundo a luz, volvimos a montar o equipo no comedor e rodamos moitos planos:  Chita e Clementa falando entre elas, primeiros planos, planos detalle das súas mans e caras, elas pasando fotos antigas...

2. CARMEN

Na casa de Carmen (avoa de Jairo), gravámola falando de como era a vida antes, dos muíños e da senda.

3. BENITO

Benito (avó de Fátima) atendeunos na súa casa. Benito reparaba os muíños e sabe muitas cousas do seu funcionamento. Tamén fixemos varios planos no exterior da súa vivenda: paseando, dándolle de comer aos animais, falándonos da súa vida.

 

Estamos moi orgullosos do noso traballo. Os equipos de rodaxe funcionaron moi ben e cada un intentou cumprir correctamente co seu papel.

Estamos preparando xa as tres xornadas de rodaxes que nos faltan.

Aburiño!

 

IES Terra de Trasancos (Narón)

VISITA Ó NOSO INSTITUTO

Tallers Documentals

O día 5 de Febreiro tivemos unha visita moi agradable no  Instituto.Estiveron con nós Marcos e Patricia. Eles explicáronnos os procedimentos para crear un bo documental, ademáis de axudarnos a organizar toda a información que xa tiñamos recollida.Déronnos moitos consellos, tamén marcamos as datas para levar a cabo a grabación do noso proxecto. Son moi amables e atentos e gustounos moito que viñeran porque estamos convencidos que grazas á súa experiencia e axuda seremos capaces de facer un bo traballo.

Aquí podedes ver algunhas fotos da visita de Marcos e Patricia ao noso centro:

                                                                            

IES Val do Asma (Chantada)

RETRATOS DA RIBEIRA SACRA DESDE CHANTADA

Ola moi boas a todos!!!!

Aquí estamos os alumnos do IES Val do Asma de Chantada, no sur de Lugo.

Este proxecto formámolo 31 rapaces e rapazas de 3º,4º da ESO e 1º BAC.

A comarca de Chantada está formada polos concellos de Carballedo, Chantada e Taboada. Os tres pertencen á Ribeira Sacra.

Estamos a traballar no retrato desta zona tan característica do interior de Galicia, a través dos oficios e a paisaxe.

 

CEIP A Rúa (Cangas)

Documentámonos sobre Massó: Traballo cooperativo

Tallers Documentals

Para iniciar o traballo de documentación os pasos que seguimos foron:

- As profes propuxeron os temas.

- Constituimos os grupos de expertos.

 

 

- Cada grupo elexiu un dos temas. Ante o interese de varios grupos polo mesmo tema, houbo algúns que cederon voluntariamente. No caso no que isto non foi posible, chegouse a un consenso entre os interesados/as. A distribución é a seguinte e podedes acceder ó traballo facendo clic en cada enlace.

1. Espazo.Planos.Seccións-instalacións. Darío, Nico e Serxio.

2. Proceso de produción,innovación. Anira, Yanira, Néstor e Santi.

3. Organigrama. Postos, funcións. Antón, Ían e Rubén.

4. Traballo por xénero. Maya, Tania, Andrea e Luana.

5. Conciliación familiar. Gardería. Economato. Candela, Mario Santos e Cristina.

6. Condicións laborais. Salario. Xornada. Asistenta social. Pediatra. Hotel. Casas. Andrés, Álvaro E Mario Núñez.

7. O declive de Massó. Causas. Mobilizacións. Repercusións. Pedro, Inés e María.

 

  

 

- Na busca de información cada grupo copiaba o principio e o final dos parágrafos que lles eran útiles, indicando o libro e o nº de páxina. Ó final organizaban a información e a redactaban.

 

 

 

- Algúns dos traballos expuséronse en gran grupo para ter a posibilidade de melloralos.

- Finalmente durante a visita dos profesionais do cine expuséronse todos os traballos.

 

 

                                          

 

 

 

CEIP A Rúa (Cangas)

Massó: As nosas propostas de futuro

Tallers Documentals

A fábrica de Massó, neste momento está abandoada e en estado ruinoso, como podedes ver nestas fotos realizadas por nenos e nenas da clase

   

 

 

Unha das cousas que máis nos preocupa, despois do que estamos aprendendo nesta fase de documentación, é o futuro de ese espazo tan significativo para a xente de Cangas e tamén para nós. Demos renda solta á imaxinación e fixemos as nosas propostas. Aquí vai unha mostra:

 

SANTI

Eu faría un cine, para que todos os cidadáns disfrutasen da cultura canguesa. Coa gardería faría unha tenda para o cine e coa baleeira a restauraría. Co entorno natural intentaría arranxalo e coidalo.

 

ANTÓN

Eu faría algo para dar traballo a xente desempregada, algunha empresa de aparellos náuticos ou así. Iso ou un centro recreativo ou de ocio.

 

RUBÉN

Eu convertería Massó nunha zona que non estea tan contaminada. Reconstruiría a fábrica e faría un museo.

 

YANIRA

Eu faría con Massó un hospital. Con comedor para que coman as enfermeiras, os enfermos e a xente que vai de visita, e un parking para as ambulancias.

 

DARÍO

A mín gustaríame que fose un museo cultural sobre a pesca e as cadeas industriais. Tamén gustariame derruir a zoa de okupas e por un parque para nenos.

 

NICO

Restaurar Massó e facer unha ruta turística arredor e que se poida entrar dentro e transformar a baleeira nun museo de osos de balea e restaurala.

 

ÁLVARO

Eu faría un multiusos dedicado ao ocio con cine, bolos, teatro, etc.

 

CANDELA

  1. Eu en primer lugar faría un parque de auga cuberto. Deixaría tal e como está a fábrica, aínda que quitaría todas as cousas de dentro e as cambiaría por atraccións de auga. Este parque sería un puntazo xa que estaría cuberto, poderíase ir tanto os días de choiva como os de moita calor. Á xente frioleira encantaríalles este parque de auga .
  2. Outra opción sería restaurala e convertila nun sitio de ocio.

A miña avoa as dúas opción parécenlle moi ben, aínda que cre que o primeiro non o poderíamos facer xa que costaría moitos cartos, cousa que non abonda en España xa desde fai tempo.

 

MAIA

Eu faría un museo turístico con fotos de cando aínda estaba en funcionamento, os restos cos que se traballaba…

 

PEDRO

A miña idea sería facer un gran museo onde se poidese ver todo o que se fixo na fábrica de Massó. Restauraría a baleeira e se exporía ao público.

CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)

Fase de investigación

Tallers Documentals

Ola amigas e amigos:

Estamos na fase de investigación de "Cine en curso".

Xa fixemos algunhas entrevistas. Realizámosllas a Don Francisco, que é o director e que  leva 40 anos no colexio.

A Pipo, que sabe moito de fauna e flora.

A Clementa, Chita e Jose. Clementa moe e gran e Chita sabe moitas cousas sobre os muíños e Jose é un expero sobre a "Senda da fraga do Barragán".

Realizamos a entrevista de Pipo e Paco no colexio, e a de Clementa, Chita e Jose na casa de Clementa (que é a tia/madriña de Chita).

Nas entrevistas aprendemos varias cousas: cantigas sobre os muíños, lendas da fraga, a orixe de moitos nomes, como era a vida fai medio século, ensináronnos fotos antigas...

No colexio descargamos as fotos e o audio nós soas.

A semana que ven temos outras catro entrevistas e seguiremos indagando sobre a "Senda do río Barragán".

 

Até moi pronto!

IES O Mosteirón (Sada)

A fábrica de cerámicas de O Castro. Documentación

Tallers Documentals

No noso concello de Sada e no lugar que chaman O Castro de Samoedo, existe unha fábrica de cerámicas desde o ano 1949, aínda que  as súas orixes, por pertencer ao grupo Sargadelos, remóntese ao ano 1806.

A súa construción débese á iniciativa do artista e intelectual Isaac Díaz Pardo, e os seus deseños singulares ao encontro que Díaz Pardo tivo en Arxentina tras a guerra civil española, co pintor Luís Seoane. Alí naceu o Laboratorio de formas, un programa de memoria histórica que buscaba a recuperación da obra e da documentación do movemento renovador da arte galega a partir de Castelao, e sobre todo a recuperación de Sargadelos como a empresa industrial de máis alento e prestixio do pasado.  E conseguiuse, aínda que agora tras varias décadas de produción, a fábrica atópase nun momento crítico tras sufrir un ERE moi recentemente. Animámonos a facer este achegamento  porque nesta fábrica todos temos ou tivemos algún familiar, amigo ou veciño traballando nela polo que resulta moi cercana a todos nós.

Desexamos que esta fábrica  e os seus traballadores, poidan seguir  por moito tempo regalándonos os seus marabillosos deseños.

 

 

 

DOCUMENTACIÓN DE A FÁBRICA

Visitamos a fábrica un día nubrado pola mañá, para coñecer ben o espazo, os traballadores e os  procesos  polos que pasa unha cerámica de tan alta calidade. Chamounos a atención  o espazo amplo, diáfano e luminoso, a amabailidad das persoas que en todo momento mostráronse comunicativas connosco e o son sempre presente, de diferentes  máquinas e ferramentas. Seguimos todo o proceso, e así puidemos coñecer de primeira man como, grazas a habilidosas mans, transfórmase un pouco de masa de caolín nunha  fermosa peza para regalar á nosa vista.

Aquí deixámosvos unha mostra fotográfica do ambiente recollido para a documentación.

Un saúdo a todos 

 

 

   

Pàgines