CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)

Presentación do CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)

Tallers Documentals

Ola a todos e a todas.

Somos os alumnos e alumnas de 5º e 6º do CEIP Doutor  Suárez, que está en Fornelos de  Montes, provincia de Pontevedra, Galicia.

En 5º somos 13: Ainhoa, David, Pablo, Senén, Alberto, Hugo, Jairo, Alex, Ingrid, Igor, Uxía, Carmen e Ezequiel. 

En 6º somos 4: Fátima, Andrea, Iris e Rosa.

O día 7 de novembro co motivo do “Cine en curso” fomos a mirar uns fragmentos  duns documentais ao CGAI, Centro Galego das Artes e da Imaxe, na Coruña.

Sabedes unha cousa? Fornelos de Montes é o concello de Galicia que máis chove. E un paraíso natural.

E precisamente disto tratará o noso documental: a auga, os muíños, a natureza, a fraga galega, a "Senda do río Barragán"

En fin, estamos moi encantados por participar en cine en curso.

Vémonos!