CPI Curros Enríquez (Pazos de Borbén)

Fragmento El cielo gira, de Mercedes Álvarez

Tallers Documentals

Antes do Nadal estivemos traballando cun fragmento que nos gustou moito e é o de “El cielo Gira” de Mercedes Álvarez.

Cando o visionamos, estas son as cousas que se nos chamaron a atención:

El cielo gira Espacios 1  El cielo gira Espacios 2

Tamén aprendimos  que esta película estaba inspirada nun cadro do pintor Pello Azketa, polo que buscamos imaxes de cadros del para poder comparalos co fragmento de Mercedes Álvarez. Nos sorprendeu moito o que se parecían, sobre todo o primeiro cadro que vimos que foi este que se chama “Las horas y los días”. Fixemos unha copia do cadro nas nosas libretas de cine e para o muro da clase.

El cielo gira Pello  El cielo gira 4

Aproveitamos tamén para buscar o lugar onde Mercedes Álvarez grabou este fragmento: buscamos Soria no mapa de España e falamos de cómo pode ser o pobo ou aldea no que está Mercedes (ten que ser un pobo pequeno, no que non hai moitas construccións...).

CEIP A Rúa (Cangas)

O son de Guerin

Tallers Documentals

“Agora pechade os ollos e escoitade atentamente o son deste fragmento de Guest, de Guerin”, así nos dixo Ángel Santos, o noso cineasta,  e foi cando xurdiu un momento máxico.

A cámara nos permitiu capturalo e que permanecese para sempre.

Vimos o documental cos oídos, Sheyla contou ata 10 planosO cambio de intensidade do son, asustou a Iker. Case esperta do seu “profundo soño”.

Vimos o documental cos oísdos, Sheyla contou ata 10 planos.

O cambio de intensidade do son, asustou a Iker. Case esperta do seu “profundo soño”.