CEIP A Rúa (Cangas)

Ideando o documental

Tallers Documentals

Tra-la lectura do poema de Juan Ramón Jiménez, pensamos en que planos dos que rodamos poderían evocar as sensacións que o poeta intentaba expresar. Viñeron á nosa memoria o plano de Dani na praia, o travelling dende o barco ó solpor de Xaime, o das bateas de Brais e Fabián, o de Fabián tamén en Liméns, o de Héctor coas luces reflectidas na auga do mar…

 

E a partir de aí, desa NADA, cadáver no sepulcro mariño, as ideas xurdiron ó compás das ondas. Imaxinamos...

chove

venta

néboa

un día gris

mar e ceo, horizonte infinito

un porto

un barco saíndo, o solpor

amencer, un barco chegando

a noitiña, reflexos no marA cámara que viaxa: a babor, a estribor. Na popa, a estela do barco, o porto ó lonxe. A Costa da Vela: ceo e mar, a NADA no horizonte infinito.

CEIP A Rúa (Cangas)

Nubistas

Tallers Documentals

Todo isto comezou no encontro con Nuria. Cando chegou ao colexio, mirou cara ó ceo e preguntounos se as nubes sempre estaban así e se merecian que as gravásemos. Entón, despois do recreo, fomos buscar por diferentes sitios da escola nubes especiais e encontramos moitas! A profesora deixounos o móbil e filmamos acompañadas de Nuria esas nubes que nos gustaron tanto.

No momento de comezar, estabamos moi nerviosas e algúns planos saíron mal, pero despois, cando estabamos máis relaxadas, fomos gravando moito mellor. Sentímonos unhas auténticas directoras de cine! Estabamos impresionadas por tantas formas e o  rápido que ían as nubes; algunhas estaban negras porque ía chover, outras movíanse tan rápido que parecía que se movía a cámara do móbil. Nuria abriunos os ollos para ver unhas nubes que sempre están aí e nunca contempláramos dese xeito. Converteunos por arte de maxia en NUBISTAS!!

Agora somos filmadoras de nubes!!

Salimos al patio. Nos gustaron las nubes. Empezamos a filmar.

Iban muy rápido.

Nubes veloces, nubes resplandecientes, nubes con mil formas, nubes blancas, naranjas, grises.

Nubes detrás de los árboles.

Nubes que pintan un cuadro.

Nubes que ocultan el azul del cielo.

Somos nubistas.

Filmadoras de nubes.

[Nubistas: Lena, Rosemary, Sarai, Sheyla]

CPI Curros Enríquez (Pazos de Borbén)

Diario de espazos

Tallers Documentals

ADRIÁN

Estou a gravar o millo da miña avoa o 27 de novembro de 2014.

ÁLVARO

Decembro. Pola mañá cedo, gravo dende a miña habitación. O ceo está nublado.

JUAN

Nespereira, en Pazos de Borbén. Un atardecer en diciembre.

SHEILA

Sábado, son as sete da tarde. No torreiro, ao lado da miña casa estou gravando o solpor.

 

IES Plurilingüe Fontem Albei (Fonsagrada)

Planos do mundo

Tallers Documentals

ANCARES, Alejando

Domingo vintecinco de xaneiro. Facendo deporte polos arredores de Fonsagrada atópome con esta paisaxe.

VENTANA, Alejo.

Filmo el paisaje con diferentes climatologías desde mi ventana.

RETRATO VANJA. Lunes 12 de enero.

Es lunes doce de enero, son las ocho de la tarde. Como todos los días, doy el biberón a los cabritos.

RETRATO VANJA. Domingo 18 de enero.

 

 

 

CEIP A Rúa (Cangas)

Planos do mundo

Tallers Documentals

BATEAS, Brais e Fabián

Ría de Vigo, 7 de decembro, 2014. Filmamos as bateas dende unha barca.

COIRO, Mar e Iker.

Son as seis da tarde do dous de decembro. Filmamos cerca da nosa casa as luces que se vían ao lonxe. Escóitanse os coches, os cans e o vento.

O SOLPOR, Anxo e Xoel.

Son as seis e cuarto da tarde. Filmamos dende a miña terraza as cores do solpor.

TRAVELLING, Lúa.

Era domingo pola mañá. Filmei dende o coche dos meus pais. Pareceume curiosa a forma da estrada que estaba enriba de nós.

CEIP A Rúa (Cangas)

Planos do mundo

Tallers Documentals

ADRI

É o mes de decembro. Gravei dende o balcón da miña tía. Gustoume ver a xente pasar polo paseo de Rodeira.

LENA

Filmo unha tarde de novembro. Estou no centro de Cangas. Gústanme as casas que parecen non ter fin.

ROQUE

Dezaoito de novembro de 2014, son as nove menos cuarto da noite. Estou a carón do Concello de Cangas. Chamoume a atención a choiva porque parece ter unha cor amarela.

SHEYLA

Son as seis menos vinte. Estoy gravando o solpor dende a praia de Rodeira. Inspíronme en D'Est, de Akerman.

XAIME

É o vinteoito de decembro de 2014. Gravo dende o barco de Cangas. Íamos cara Vigo  porque a miña tía queríanos ensinar as luces de Nadal.

CEIP A Rúa (Cangas)

Planos do mundo

Tallers Documentals

A PASARELA DA CRUZ

Dende a pasarela da Cruz. Eran as dúas e cuarto da tarde. Algúnsa pasamos por ela para chegar a nosa escola. Gustounos a cor das nubes.

O PATIO

Recreo de Infantil. Rodamos como Guerin en Guest.

O TIRAMILLAS

Praia de Rodeira. Pasaba da unha da tarde. Un paxariño sorprendeunos.

OLLANDO CARA O MAR

Paseando pola praia. Mediodía.

OS EUCALIPTOS

Doce do mediodía, mércores. Íamos camiñando, ollamos cara arriba e atopamos un bo encadre.

Pàgines