CEIP A Rúa (Cangas)

Luces, cámara, Massó!!

Tallers Documentals

 

Este martes día 18 de marzo comezamos a rodaxe. Dividímonos por grupos para filmar mañá e tarde durante 3 días.O primeiro día gravamos polo exterior da fábrica e tamén na baleeira. O segundo día entramos na nave principal e a experiencia foi impactante porque é inmensamente grande!!!! Aínda que hai moito "lixo" que debería ser retirado, atopamos reliquias da fábrica, dignas dun museo: osos de baleas, caixas rexistradoras, latas de conserva, maquinaria, reloxos, ánforas onde se gardaba o aceite, básculas, unha grande áncora...Tamén gozamos aprendendo a manexar o equipo de rodaxe, pasando todos os nenos polos distintos postos: director/a, cámara, sonidista, cablista, script e fotógrafo/a. Tivemos a oportunidade de decidir os planos libremente, en función dos nosos intereses, sendo aconsellados polo cineasta. Gravamos a persoas vinculadas con Massó falándonos da fábrica. Hoxe imos ter o privilexio de conversar coa asistenta social,  Ana María Soto Landeira, de 92 anos, para contarnos a súa experiencia. Somos moi afortunados/as de poder participar neste proxecto de cine que é unha experiencia inesquecible.

CEIP A Rúa (Cangas)

Expoñemos ó alcalde de Cangas o Proxecto "Cine en curso"

Tallers Documentals

 

O venres 14 de marzo fomos ó concello para explicarlle ó alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, o noso proxecto de rodar un documental sobre a fábrica de Massó. Tamén para pedirlle uns permisos. Isto é o que lle dixemos:

Somos os nenos/as de 6º do C.E.I.P. A Rúa e queriamos explicarlle o Proxecto “Cine en curso” no que estamos a participar. A finalidade do mesmo é achegar ós alumnos/as de Galicia, Cataluña, Madrid e Arxentina ó mundo do cine, mediante a realización dunha curtametraxe documental sobre un espazo ou un oficio. Nesta edición presentámonos co noso traballo “Cineando ilusións”,que foi seleccionado xunto con outros tres de toda Galicia. Decidimos por consenso que o noso documental trataría sobre a fábrica de Massó, xa que foi moi importante para o pobo e forma parte da Historia de Cangas. O primeiro paso que demos foi a documentación. Xuntámonos por grupos e buscamos en libros e na web toda a información posible sobre a fábrica. Para saber máis, conversamos con familiares e coñecidos que estiveran vinculados a Massó. Tanto profesoras como alumnos/as estamos sendo asesorados polo C.G.A.I. (Centro Galego de Artes da Imaxe), en concreto por un cineasta profesional que nos está axudando na elaboración do guión, no manexo do equipo de rodaxe, na filmación e na montaxe do documental. Agora temos que iniciar a rodaxe e necesitamos da súa autorización para grabar nos terreos de Massó. Posteriormente, gustaríanos proxectar o documental no auditorio municipal, coa súa colaboración. Moitas grazas polo seu tempo e atención.  

Velaiquí o enlace que leva á noticia que fala do noso encontro co alcalde

CEIP A Rúa (Cangas)

Documentámonos sobre Massó: Traballo cooperativo

Tallers Documentals

Para iniciar o traballo de documentación os pasos que seguimos foron:

- As profes propuxeron os temas.

- Constituimos os grupos de expertos.

 

 

- Cada grupo elexiu un dos temas. Ante o interese de varios grupos polo mesmo tema, houbo algúns que cederon voluntariamente. No caso no que isto non foi posible, chegouse a un consenso entre os interesados/as. A distribución é a seguinte e podedes acceder ó traballo facendo clic en cada enlace.

1. Espazo.Planos.Seccións-instalacións. Darío, Nico e Serxio.

2. Proceso de produción,innovación. Anira, Yanira, Néstor e Santi.

3. Organigrama. Postos, funcións. Antón, Ían e Rubén.

4. Traballo por xénero. Maya, Tania, Andrea e Luana.

5. Conciliación familiar. Gardería. Economato. Candela, Mario Santos e Cristina.

6. Condicións laborais. Salario. Xornada. Asistenta social. Pediatra. Hotel. Casas. Andrés, Álvaro E Mario Núñez.

7. O declive de Massó. Causas. Mobilizacións. Repercusións. Pedro, Inés e María.

 

  

 

- Na busca de información cada grupo copiaba o principio e o final dos parágrafos que lles eran útiles, indicando o libro e o nº de páxina. Ó final organizaban a información e a redactaban.

 

 

 

- Algúns dos traballos expuséronse en gran grupo para ter a posibilidade de melloralos.

- Finalmente durante a visita dos profesionais do cine expuséronse todos os traballos.

 

 

                                          

 

 

 

CEIP A Rúa (Cangas)

Massó: As nosas propostas de futuro

Tallers Documentals

A fábrica de Massó, neste momento está abandoada e en estado ruinoso, como podedes ver nestas fotos realizadas por nenos e nenas da clase

   

 

 

Unha das cousas que máis nos preocupa, despois do que estamos aprendendo nesta fase de documentación, é o futuro de ese espazo tan significativo para a xente de Cangas e tamén para nós. Demos renda solta á imaxinación e fixemos as nosas propostas. Aquí vai unha mostra:

 

SANTI

Eu faría un cine, para que todos os cidadáns disfrutasen da cultura canguesa. Coa gardería faría unha tenda para o cine e coa baleeira a restauraría. Co entorno natural intentaría arranxalo e coidalo.

 

ANTÓN

Eu faría algo para dar traballo a xente desempregada, algunha empresa de aparellos náuticos ou así. Iso ou un centro recreativo ou de ocio.

 

RUBÉN

Eu convertería Massó nunha zona que non estea tan contaminada. Reconstruiría a fábrica e faría un museo.

 

YANIRA

Eu faría con Massó un hospital. Con comedor para que coman as enfermeiras, os enfermos e a xente que vai de visita, e un parking para as ambulancias.

 

DARÍO

A mín gustaríame que fose un museo cultural sobre a pesca e as cadeas industriais. Tamén gustariame derruir a zoa de okupas e por un parque para nenos.

 

NICO

Restaurar Massó e facer unha ruta turística arredor e que se poida entrar dentro e transformar a baleeira nun museo de osos de balea e restaurala.

 

ÁLVARO

Eu faría un multiusos dedicado ao ocio con cine, bolos, teatro, etc.

 

CANDELA

  1. Eu en primer lugar faría un parque de auga cuberto. Deixaría tal e como está a fábrica, aínda que quitaría todas as cousas de dentro e as cambiaría por atraccións de auga. Este parque sería un puntazo xa que estaría cuberto, poderíase ir tanto os días de choiva como os de moita calor. Á xente frioleira encantaríalles este parque de auga .
  2. Outra opción sería restaurala e convertila nun sitio de ocio.

A miña avoa as dúas opción parécenlle moi ben, aínda que cre que o primeiro non o poderíamos facer xa que costaría moitos cartos, cousa que non abonda en España xa desde fai tempo.

 

MAIA

Eu faría un museo turístico con fotos de cando aínda estaba en funcionamento, os restos cos que se traballaba…

 

PEDRO

A miña idea sería facer un gran museo onde se poidese ver todo o que se fixo na fábrica de Massó. Restauraría a baleeira e se exporía ao público.

CEIP A Rúa (Cangas)

Presentámonos os nenos e nenas do C.E.I.P. A RÚA

Tallers Documentals

Cineando ilusións

Olaaa! Somos o grupo de alumnos e alumnas de 6º do CEIP A Rúa en Cangas do Morrazo (Pontevedra). Iniciamos a nosa andaina por Cine en curso, e non podedes imaxinar o ilusionados/as que estamos!!

Para a nosa presentación grupal, eliximos dous obxectos moi significativos para nós. Por unha parte, o collage que elaboramos colectivamente para a páxina do calendario do colexio e que serve de portada á nosa libreta de Cine en curso. Costounos moito realizalo. Primeiro buscamos a idea. Pretendiamos enlazar os dous proxectos que estamos a desenvolver no presente curso, “O Cine” e “O Universo”. Mellorámola entre todos e todas e levámola a cabo. En agosto, ¿ que mellor “chuvia de estrelas” que a dos nosos actores favoritos: Groucho,o Gordo e o Fraco e Chaplin?? O resultado para nós foi xenial. Esperamos que vos guste.

 

                                                  

                                 Calendario do CEIP A Rúa, mes de agosto, "As Perseidas".

 

Por outra banda, para que nos coñezades, tiramos unhas fotos abrigados cun paraugas moi especial, o que decoramos para o noso astrónomo favorito, Severino. Veu darnos unha charla ó colexio sobre Astronomía que foi fantástica.

               

                                                                                                                                                                                 

 

Seguindo o sentido das agullas do reloxo, María, Mario N., Sergio, Rubén, Tania, Cris, Pedro, Mario S., Andrea, Andrés, Nico, Ían, Néstor e Anira. No centro, Santi suxeitando o paraugas.

 

                                                                                                                                                             

 

Atrás: Luana, Maia, Álvaro, Inés e Candela. Diante: Darío, Yanira e Antón.

 

 

Por último pasaremos ás presentacións persoais, incluídas as mestras. Buscamos falar de nós utilizando a linguaxe audiovisual como medio de expresión.

 

Andrés

 

Ola, son Andrés, e dende pequeno gustáronme moitísimo as pedras e os minerais: pola súa cor, as formas que teñen, as distintas texturas...

Todos os anos vou a uhna feira de minerais que se celebra en Vigo no mes de outubro, nela compro os minerais que máis me gustan e me chaman a atención para seguir completando a miña colección.

 

 

Crisocola

 

Néstor

 

Ola, chámome Néstor, e como presentación elixin estas fotos de animáis feitas por min porque desde pequeno gústanme os animáis máis que calquera outra cousa.

 

                                                                                                         

   

Rubén

 

Ola chámome Rubén e o que máis me gusta e construír cousas con "Lego". Hoxe, a nosa profesora mandounos presentarnos no blog, e contar o que máis nos gusta facer. Seguro que a alguén tamén lle gusta construír cousas de"Lego"

Ata pronto

 

                                                                                                      

 

Santi

 

Ola, chámome Santi e gústame moito debuxar, é algo que fago moito dende pequeno. Reláxame cando estou enfadado, triste..., debuxo cousas que me alegran. Os meus debuxos favoritos son as caricaturas, fágoas dende que vin a un mozo facelas en Cangas.

Aqui teño unha pequena mostra:

 

                                                       

Tania e Yanira

Ola, somos Tania e Yanira e gústanos divertirnos, xogar e facer este tipo de fotos! Esta é unha pequena demostración.

 

                                        

 

Ían

 

Ola, chámome Ían e gústame moito, digamos que, “a informática”. E decidín para presentarme poñer unha imaxe dun evento que organicei por internet sobre unha festa na que nos reunimos case todos os da clase no parque.

A festa trataba sobre “O Samaín”, a tradición celta- da noite dos defuntos, e eu fun o encargado de mandar as invitacións por internet. Aquí tedes unha mostra da portada e dos datos da invitación:

 

                                                    

 

Nico

 

Ola, eu son Nicolás e poño este vídeo porque me gusta moito a tecnoloxía, os vídeos e as cámaras.

 

                                                                    

                                                                                    

 

                                                                                                                                                                                                                          

María

 

Eu chámome María, gústame xogar coa miña gata porque desde que era pequeña gústanme moito os animais.

A miña gata é de cor negra cunha manchiña branca no pescozo, os ollos son de cor verde-amarelo. O que máis lle gusta comer é peixe e

pienso.

 

                                                                                                  

                                                                                  Esta é a miña gata Pequemiau.

 

Álvaro

 

Bos días, eu son Álvaro, gústanme moito os animais e teño un can como mascota chamado Grey, este é el de pequeno:

 

                                                                              

 

Andrea

Ola, son Andrea e quero ensinarvos unha cortometraxe que fixen eu coa axuda de Martín (a parella da miña nai). Fixémolo a base de fotos, cuns monequiños. Sacabamos unha foto e despois moviamos un pouco os monecos e voltabamos a sacar outra, e así sucesivamente. A continuación, a traves do ordenador, xuntamos todas as fotos e así fixemos a película, poñéndolle voz ós personaxes. Quedei abraiada co que se pode facer só con fotos e ademais foi moi entretido. A ver se vos gusta!!!

 

 

 

                                                                              

 

Unha das cousas que máis me gusta é sacar fotos, e sobre todo do que temos no noso entorno e que non lle damos tanta importancia, pero que para min son moi interesantes polo diferentes que poden chegar a ser. Quería amosarvos unhas fotos sacadas por min.

 

                                               

           

Bolboreta “Cola de anduriña”                     Mantis relixiosa

Antón

 

Ola, boas, chámome Antón e gústame dende pequeno facer de todo con playmobils, estes bonequiños cunha expresión na cara inmóbil, pero pra min choran, rin, enfádanse, alégranse, etc... e sei como se senten grazas a algo co que tamen xogo, a imaxinación. Agora vouvos ensinar dúas fotos, espero que vos gusten.

 

                                           

 

Luana

O que máis me gusta e mirar series, películas de debuxos, musicais ou de risa, como por exemplo Winx Club, High School Musical, Los chicos del coro, Monster High, etc.

Gústame porque cando miro os debuxos pásono moi ben, río moito, póñome triste, enfádome, imaxino que podo voar e cantar moi ben, gústanme as escenas dos namorados cando bailan ou se dan un bico, dáme a risa parva da vergoña, ja,ja,ja. Ás veces soño con elas e encántame.

 

                                                                                    

 

Candela e Anira

 

Bos días eu son Candela e esta é a miña compañeira Anira, e queremos compartir con vós este vídeo que fixemos xuntas.

Imos explicarvos un pouco a nosa paixón polo cine. A nos gústanos moito facer vídeos, é algo que nos entretén moito e nos divirte, e cando non sabemos que facer, poñémonos a facelos.

 

                                                                         

                                                                         

                                                                        

 

 

                                                                                                               

A lúa de Méliès, debuxada por Candela

 

A min, Candela, gústame moitísimo debuxar, é unha cousa moi relaxante e que se pode facer en calquera sitio. Elixín este debuxo xa que como este ano imos facer o de Cine en curso... fíxeno en principio para pegalo nunha cunca que máis tarde será agasallada a un astrónomo. Esta lúa e a de Gesorges Méliès do seu corto “Viaxe á Lúa”. De feito vimos en clase esta divertida curtametraxe e estamos lendo o libro de Julio Verne. Eu de feito fun na ponte de Hallowin a Madrid e xusto había unha exposición temporal de Georges Méliès onde no cartel aparecía o debuxo da lúa real e incluso a túnica que levaban postos os astrónomos na curtametraxe. Tiven moita sorte de atopar esta exposición.

E si, tamén gustanme moitas máis cousas, e non se me dan nada mal, como cociñar, ou tocar a trompa, ou facer vídeos, ou sacar fotos, pero decidín ensinarvos esta. Se teño máis oportunidades, ensinareivos calquer outra cousa pero agora vos ensino esta.

 

Marío N.

A cociña empezoume a gustar cando estiven co meu pai facendo a comida, eu probei e aí souben que era o meu estilo de vida. Sei facer moitas cousas ricas, ata algunhas veces fago a comida. A min gustaríame ter un restaurante onde eu sexa o xefe de cociña. Tamén me gusta facer vídeos cociñando eu, e que me fagan fotos, teño moitas fotos e moitos vídeos. A cociña para min é o que máis me gusta neste mundo, tamén me gusta ver programas de cociña como: Carlos arguillano, Top chef, Cociñamos na casa, etc... Miña avoa tamén me ensinou moitas cousas sobre a cociña e meu pai e a miña nai. As fins de semana sempre miro a miña nai facendo a comida e ela me di os ingredientes que hai que poñer e canto tempo ten que estar ao lume. Isto é todo amigos, nunca digades que a comida é noxo!!!.

 

                                                          

 

Cris

Ola chámome Cris, eu saqueille unha foto a este lugar en concreto porque para min é moi especial. Cando era pequena sempre que estaba triste ou enfadada baixaba ó xardín da casa dos meus avós e co son das follas ó “chocar” co vento, dos paxaros ó cantar, ata o da xente ao falar, relaxábame. Quixen coller esta perspectiva porque non me interesaba coller todo o xardín, só me interesaba o arco, porque na escaleira que está debaixo do arco era onde me soía sentar para pensar.

 

                                                                                     

 

Inés

 

Ola, son Inés!

Gústame facer fotos no monte Baralonga ó que vou todos os anos no verán a facer fotos de bolboretas, cabalos do demo, escarabellos…Pero sobre todo gústame quitarlle fotos ás bolboretas, entre elas a chamada “Pavo Real” (Inochis io), a da foto.

 

                                                                             

 

Maia

 

Ola, eu son Maia!

O que máis me gusta é facer postres, ENCÁNTAME. Cando poido, fago un postre e sácolle unha foto. De maior quero ser reposteira!!!

 

                                                                                 

                                                                            Eu facendo galletas Madalenas de cor rosa

 

Pedro

 

Eu fixen este vídeo porque a min encántame facer figuras en movemento e ver como corren, saltan...encántame velo cando o termino, ver todo moverse, só o escribir nun papel paréceme moi divertido.

 

                                                                               

 

 

Sergio e Mario S.

 

Eu son Sergio, gustame moito facer curtametraxes a base de fotogramas no meu tempo libre cun programa que teño.

 

Eu chámome Mario e no tempo libre que me aburro dedícome a facer curtametraxes co que sexa.

 

Este é o vídeo que eliximos para presentarnos:

                                                                                    

 

Darío

Ola, son Darío de C.E.I.P a Rúa , teño 11 anos e estou en sexto curso ,gústame o deporte e xogo ó Ping pong e ó tenis, Tamén me gusta a música, e vou ó conservatorio de Cangas, toco a viola. ( instrumento de corda máis grave que o violín) .Tamen me gusta ir de viaxe.

 

                                        

             A miña viola                  Mergullándome nunha viaxe

 

 

Profe Ana

 

 

 

 

Aeroporto Francisco Sá Carneiro, 2010

-Unha tediosa espera-

(Ana Castro)

 

 

 

Sempre hai unha primeira vez para todo. Xa era moi maior cando decidín poñerme detrás do obxectivo dunha cámara. Empecei a xogar, como unha cativa, e descubrín que podía conxelar un intre efémero dese momento vivido e amosar o que os meus ollos descubrían.

Foi entón cando comezei a ver fotos por todas as partes, nunha fiestra, no aeroporto mentres esperaba a partida do avión, nun mercado... Agora, cando volvo a un lugar, vexo as fotos dos meus albums xogando ó pilla-pilla nos outeiros, nas paradas de autobús, nos manequíns... Non sei se fun eu a que capturei a imaxe ou foi a imaxe a que me atrapou a min, engaiolándome para sempre.

 

   

Pirineos, Gavarnie, cumio do Taillon, 2010

-O meu primeiro 3000-

(Ana Castro)

 

Cando chego cansa, moi cansa, e case non podo dar un paso máis, gústame sentarme e sentir as nubes baixo os meus pés, é unha emoción indescritible que compensa todas as penurias da perpendicularidade da subida. Danme unhas gañas loucas de seguir camiñando entre os prados algodoosos e etéreos da alfombra que o ceo estende ante min!!

 

Profe May

 

                                                                                

 

Profe Rosana

 

 

 

 

 

 

Teacher Montse